RRCC OURENSE
Luis Saavedra proclámase Campión Provincial, e José Manuel Torres gaña a tirada
07/05/2018

Baixo a organización da Federación Galega de Caza en Ourense, unha participación de 35 escopetas e un nivel medio-alto en opinión dos xuíces da proba, o pasado día 5 de maio, tal e como estaba anunciado e nun día de auténtico verán, disputouse o Campionato Provincial ourensá de Percorridos de Caza nas instalacións do Campo de Tiro A Goberna de Beariz, puntuable para seguinte fase da modalidade. 

O exercicio daba comezo ás nove da mañá e remataba preto das catro da tarde, para seguidamente celebrarse o xantar de clausura nun restaurante de Doade. Acto o que asistiron varios concelleiros e o alcalde, Manuel Prado. Mentres o edil, José Barbosa, poeta, escritor e gran persoa, agasallaba a un bo número de participantes co seu último libro titulado “Merece la Pena”. Tamén ocupou lugar de honor na mesa presidencial a Presidenta da Comunidade de Montes de Candedo e A Forxa, Ana Rodríguez.

A tirada disputouse a 100 pratos, en catro canchas e de xuíces actuaron: Moises Balboa, Rubén Martínez, Plácido Pillado e José Moure, e estes foron os resultados finais: 

1ª Categoría:

  • 1º e campón da proba, José Manuel Torres, con 88 pratos rachados.
  • 2º, Manuel Dasilva Fernández, con 85 pratos.
  • 3º, José Antonio Vasconcellos, tamén con 85 pratos rachados.

2ª Categoría:

  • 1º, Vicente Insua López, con 77 acertos.
  • 2º, Daniel Domínguez, con 76 pratos.
  • 3º, Marcos Vázquez, tamén 76 puntos.

3º Categoría

  • 1º, José Antonio Sánchez, con 73 dianas.
  • 2º, Eugenio López, con 69 pratos rachados.
  • 3º, Ismael Oya Figueroa, igualmente con 69 puntos.