RRCC ARCO PONTEVEDRA
Os mellores arqueiros da provincia en Soutomaior
11/05/2018

X Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco

O pasado domingo 8 de maio disputouse o Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración do Clube Cazarco e a Sociedade de Caza A Peneda.

Preto de 30 arqueiros e arqueiras déronse cita en Candán - Soutomaior para participar nesta X edición da fase provincial de Percorridos de Caza con Arco.

 

Na modalidade de arco asistido o campión foi Jaime Villaverde Balado con 277 puntos seguido de Pedro J. Martínez Ángel en segunda posición con 229 puntos. Ángel Villaverde Balado situábase no terceiro caixón con 226 puntos.

En arco tradicional o campión era o arqueiro Abel López Lepiani con 180 puntos. O subcampionato recaía en José García Gómez con 174 puntos. Tamén con 174 puntos pero en terceiro posto remataba para Jacobo Santoro Lorenzo.

En damas asistido a campioa era Dolores Bugarín Codeseda con 190 puntos seguida de Marina Oliveira Amoedo con 170 puntos en segunda posición.

En damas tradicional a campioa era María Luisa Rodríguez Rodríguez con 103 puntos.

Na categoría junior a campioa era Rebeca Villaverde Bugarín con 131 puntos namentres que en cadetes o primeiro posto era para Ismael Figueroa Vilaboa con 115 puntos.