EN AMES / BRIÓN
Rey Baulde gañador do I Campionato de Cans de Rastro de Coello Terras da Mahía
22/05/2018

O pasado domingo 21 de maio a Sociedade de Caza Altamira de Brión en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña, a Sociedade de Caza Azor de Ames e o Concello de Brión,  celebrou o I Campionato Terras da Mahía, na modalidade de Cans de Rastro sobre coello. 

A competición iniciouse coa concentración dos participantes na modalidade de rastro sobre coello. Competiron un destacado número de lotes e as condicións climatolóxicas foron ideais para a disputa desta disciplina deportiva. 

O primeiro posto foi para Alfonso Rey Baulde con “Xouba, Trasno, Clay e Trus” acadando un total de 505 puntos. O segundo clasificado, foi o concursante Fernando Gago García con “Sasha, Jaima, Lana e Yemi” e 500 puntos. O cazador Marcos Martínez Seijo, cos cans “Honda, Jara, Luna e Ghia”,  acadaba o terceiro posto cun total de 490 puntos. 

O galardón, para o mellor can de rastro sobre coello do campionato foi para “Lira” propiedade de Juan Casal Tato con 145 puntos.