PROVINCIAL PONTEVEDRA |
Antonio Sánchez, con "Tito", gaña en Silleda o provincial de cans de rastro de xabaril |
11/06/2018 |
Integrado en FECAP e responsabilizándose da organización a Federación Galega de Caza en Pontevedra, o día 9 de xuño disputábase en montes de Parada, na faldra do Candán, o Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril. Acontecemento venatorio “aberto”, clasificatorio para fase final desta modalidade e no que participaron un total de 51 cadelos. O exercicio comezou con certo atraso sobre da hora sinalada (9 h.) e rematou sobre das tres da tarde sen que practicamente a anunciada chuvia fixera acto de presenza para ben do espectáculo. O escenario competitivo cedido xentilmente pola sociedade de Caza e Pesca de Silleda, dividiuse na quenda preliminar en dous campos, competindo 26 cans no “1” e 25 no “2”, pasando a final os nove mellores de cada tramo. A dirección levouna a cabo o federativo José Juan Martiño García e de xuíces actuaron os titulares: Ramón Collazo, de Lousame; Mario Dios, de Camariñas; Eduardo Casal ,de Antas de Ulla; e Óscar Caamaño , de Mazaricos. Facendo como auxiliares, Marcos Fontenla, de Xeve, e Eduardo González, de Cotobade. Estes foron os mellores cans e condutores. CLASIFICACIÓN PROVINCIAL
Completan a selección pontevedresa que acudirá a Final Autonómica estes deportistas: Lorenzo Ares, con “Michu”; Sánchez Sesto, con “Pinto”; Rodríguez Mariño, con “Toxo”; Sestelo Núñez, con “Beba”; Abalo Aragunde, con “Tin”; Estévez Rodríguez, con “Bachata” e Martínez Rey, con “Polca”. XUVENÍS
CLASIFICACIÓN XERAL
Salientar por último, que 11 foron os competidores que o fixeron por “libre”. Que a única muller participante foi a coruñesa, xa clasificada para a Final Galega de especialidade, Andrea Cores Cancela con “Pistón”, acadando 199,5 puntos. No xantar de confraternidade e clausura que estivo liderado polo secretario xeral da Federación Galega de Caza, Ramón Rodríguez Cobas e o presidente federativo anfitrión, Paco Couselo. Asistindo tamén o Presidente e Secretaria da Sociedade de Caza e Pesca de Silleda, Juan Agra e Lorena Martínez, respectivamente e representantes da Semana Verde. Todo resultou fantástico e o noso agradecemento a Garda Rural da Sociedade de Caza e Pesca de Silleda, o madrileño Antonio Rodríguez Asensio, pola súa amabilidade, acompañándonos toda a mañá polo monte. |