FECAP 2018
Novamente milleiros de visitantes achegáronse ao stand da FGC e participaron nas súas actividades nesta V edición da FECAP
11/06/2018

Dende o pasado 7 ao 10 de xuño tivo lugar a V Feira de Caza, Pesca e Natureza (FECAP) enclavada dentro da ABanca Feira Internacional de Galicia. Como ocorreu nas pasadas edicións de FECAP, Silleda tamén ca numerosa presenza de cazadores, pescadores e amantes das actividades no medio natural.

A Federación Galega de Caza volvíase a presentar en FECAP cun stand atendido ininterrompidamente por traballadores/as da institución e das Xuventudes pola Caza, no que os cazadores e o público en xeral, puideron atopar toda a información sobre as actividades que desenrola a Federación así como os servizos que ofrece a cazadores e sociedades de caza federadas, a máis de atopar folletos, exemplares da revista Galicia Cinexética, roupa corporativa, etc. Moitos cazadores tamén se achegaron ao stand federativo para observar o biotopo artificial de coellos, participar nas actividades de tiro con arco, ver a liga autonómica de Agility, ver a solta de paspallases feita por rapaces e sobre todo practicar o tiro no afamado e novidoso simulador de tiro Sim Way Hunt.

Como ocorreu en tódalas edicións anteriores, a interacción da FGC coa FECAP non so se resumía ao stand senón que a Federación Galega de Caza participaba e dinamizaba activamente a FECAP coa celebración de actividades que congregaron a numeroso público, destacando a celebración do Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril.

Unha das actividades máis destacadas que a Federación desenrolou nesta quinta edición foi a celebración, de xeito exitoso, dos cursos de Adestramentos para Cans de Mostra e Criterios de Avaliación nas probas de San Huberto con Spaniels. Cursos que congregaron a máis de 100 participantes.

Na derradeira xornada a FGC quixo facer visible a importancia dos cans para os cazadores e a actividade cinexética. Para elo realizou unha exposición de cans e fixo recoñecementos especiais a un destacado número de cazadores e criadores galegos que co seu esforzo, ano tras ano, elevan a calidade dos cans de caza galegos.

No transcurso das catro xornadas que comprenderon esta V Feira de Caza, Pesca e Natureza a Federación estivo representada dende a inauguración á clausura con diferentes directivos, entre os que se atopaban o presidente da FGC de Pontevedra, Francisco Couselo, o secretario da FGC, Ramón Rodriguez e numerosos directivos das Federacións Provinciais.