BAIXAN RESPECTO A 2016
Un estudo da Fundación Affinity desminte que os cans de caza sexan os máis abandonados
25/06/2018

A Fundación Affinity ven de publicar un estudio sobre o abandono e adopción de cans e gatos durante o 2017, que analiza entre outros datos a época de abandono destes animais. Segundo este informe, o abandono de cans ao remate da tempada de caza supuxo o 12% do total, un punto por debaixo dos datos do mesmo informe do ano anterior.

Se ben estes datos seguen a ser preocupantes para o sector cinexético, distan moito dos datos que arroxan algúns colectivos anti-caza, que falan de cifras totalmente desproporcionadas coa realidade, chegando a afirmar que só no caso dos galgos xa serían máis de 50.000 abandonos.

Pódese consultar este informe facendo click aquí.