CAN DE OURO
Martínez Seijo gañador do Can de Ouro de Rastro de Coello
01/07/2018

O pasado domingo 1 de xullo o Clube de Amigos dos Cans de Caza en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña, a Sociedade de Caza Cinexética Carnotana e San Xoan de Serres de Muros,  celebrou o VII Campionato de Cans de Ouro Costa da Morte, na modalidade de Cans de Rastro sobre coello. 

A competición iniciouse coa concentración dos participantes na modalidade de rastro sobre coello. Competiron un destacado número de lotes e as condicións climatolóxicas foron ideais para a desputa desta disciplina deportiva e destacou o alto nivel amosado por tódolos lotes presentados, en especial os que ocuparon o podio da clasificación final. 

O primeiro posto foi para Marcos Martínez Seijo, cos cans “Honda, Jara, Luna e Ghia”,  acadando un total de 600 puntos. O segundo clasificado, foi o concursante Alfonso Rey Baulde con “Xouba, Trasno, Clay e Trus” e 589 puntos. O cazador Juan Casal Tato, cos cans “Vitamina, Kala, Laika e Lina”,  acadaba o terceiro posto cun total de 550 puntos. 

O galardón, para o mellor can de rastro sobre coello do campionato foi para “Nuca” propiedade de Juan Marcos Dean con 158 puntos.