RIVEIRA
Ramón Picallo con “Nike” gañador en Riveira
22/07/2018

O pasado 22 de xullo desputouse no Tecor da Sociedade de Cazadores do Barbanza a décima edición do Campionato de San Huberto Cidade de Riveira puntuable para a Copa Galicia da especialidade e organizada por dita Sociedade de Cazadores e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña.

A proba trascorreu sen imprevistos e participaron un total de 38 cans (33 de mostra e 5 levantadores) sendo o Director da Proba Víctor Reiriz Lampón e actuando como xuíces José Seco, Eloy Rodríguez, Miguel Cambeiro e José Manuel Pallas. 

Foi o participante Ramón Picallo o que se subía ao máis alto do podio co pointer macho de nome “Nike”. O segundo posto foi para o cazador Jaime Aneiros co pointer macho “Baco da Brisa”. José Sanmartín con “Goros do Lugar Vello” quedou relegado a terceira posición.