MEMORIAL RRCC
Fernando Manjón adxudícase o Memorial en Río Sar
04/08/2018

O pasado 4 de agosto desputouse no Campo de Tiro Río Sar, unha cita xa consolidada dentro da modalidade de Percorridos de Caza en Galicia, o Memorial José e Manuel Cea Seoane desputado a 100 pratos e organizado pola Sociedade Deportiva Río Sar.

Á proba acudiron preto de 70 de tiradores chegados das catro provincias galegas que desfrutaron dunha intensa xornada de disparos e pratos. 

Rematada a competición, foi o tirador Fernando Majón o que acadaba o primeiro posto da clasificación Xeral ao escachar un total de 87 pratos. Co mesmo número de pratos pero en segunda posición remataba José Ramón Conde Mouriño. O terceiro caixón do podio foi ocupado polo tirador Antonio Iglesias Otero con 85 pratos.

Na categoría de Veteranos o campión foi o tirador Fernando Sánchez Mancebo con 73 pratos escachados. Ignacio Pulleiro e Roberto Fernández acadaban o segundo e terceiro posto con 71 e 70 pratos, respectivamente.

Na categoría Junior o gañador era Alejandro Fernández Seco que despois dunha brilante tirada escachaba un total de 80 pratos. O segundo posto era para Antón Moure e o bronce para Omar Insúa. En Superveteranos impoñíase Ángel Mosquera Rodríguez con 70 pratos.

Rematada a competición e durante a entrega de premios, a Sociedade Deportiva Río Sar quixo facer unha mención especial as casas e entidades patrocinadoras así como un agradecemento especial aos árbitros da competición. 

Un xantar de irmandade puxo o colofón a este Memorial.