GALEGO DE ARCO
Os arcos autonómicos citáronse en Soutomaior
26/08/2018

O pasado 26 de agosto desputouse en Candán - Soutomaior (Pontevedra) o Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco e o Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración do Clube Cazarco e o Clube de Cazadores de A Peneda.

No autonómico de Percorridos de Caza con Arco participaron 22 arqueiros chegados dende diferentes lugares da xeografía galega, desfruntando dunha extraordinaria xornada marcada sen dúbida polas altas temperaturas que acadou o mercurio.

Un total de 6 propostas diversas e sobre siluetas 3D fixeron as delicias dos arqueiros ao mesmo tempo que mostraban a pericia no manexo dos arcos.

Na categoría de Arco Asistido o primeiro posto da clasificación foi para o pontevedrés Jaime Villaverde quen se converteu no novo Campión Galego da especialidade. En segunda posición situouse o tamén arqueiro da provincia de Pontevedra Ángel Villaverde. E xa na terceira posición clasificouse o tamén pontevedrés Pedro Martínez.

Na categoría de Damas Asistido foi Dolores Bugarín a que se convertía na nova Campiona Galega. Seguiuna a pontevedresa Marina Oliveira en segunda posición. Compretou o podio a arqueira Mari Carmen Novoa.

En Arco Tradicional o primeiro posto do Campionato Galego foi para José García seguido de Jacobo Santoro en segunda posición. O bronce era para Carlos Rama.

Rebeca Villaverde convertíase na Campionato Galego na categoría de Junior .

O arqueiro Ismael Figueroa e José Caruncho, ocuparon a primeira e segunda posición respectivamente na categoría de Cadetes.

Desputado o Campionato de Percorridos de Caza con Arco, tiña lugar a continuación, o Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo no que participaron un total de 3 equipos.

A proba desenrolouse sobre paspallás sementado e a pericia dos arqueiros fixo vibrar ao público alí presente.

Foi o equipo pontevedrés conformado polos arqueiros Jaime Villaverde e Pedro Martínez os que co seu can “Sil” conseguiron o título de Campións Galegos da especialidade. En segunda posición situouse o equipo formado por Rafael Ángel Nieto e Sergio Sobral co seu can de nome “Sol”. Jacobo Santore e Marina Oliveira coa cadela “Pepa” situarónse na terceira posición.