FALECEMENTO
Bagoas nos cazadores galegos polo falecemento de José Luis Valcárcel
06/09/2018

No día de hoxe os cazadores galegos e a Federación Galega de Caza lamentan a perda de José Luís Valcárcel Yáñez, Vicepresidente da FGC e Presidente da Asociación Lucense de Caza. Máximo expoñente na loita e na defensa da caza e dos cazadores da nosa comunidade. Os anos e anos de traballo incesante na FGC e na Asociación Lucense, nos cales acadou moitos logros e avances para a caza, fan que os cazadores galegos esteamos eternamente agradecidos do noso entrañable amigo Valcárcel. Gracias e descansa en paz.