NACIONAL DE SAN HUBERTO
Todo preparado en A Capela e As Pontes para acoller, esta fin de semana, o Nacional de San Huberto
12/09/2018

A edición número XXXVII deste Campionato de España de San Huberto estará organizado pola Real Federación Española de Caza (RFEC) en colaboración coa Federación Galega de Caza (FGC). Unha proba que conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, a Deputación de A Coruña, os Concellos de A Capela e As Pontes e as Sociedades de Cazadores Venatoria de As Pontes e Santa María de Cabalar, estando patrocinado polo Consello Superior de Deportes, Mutuasport, Maxam, Cinexética, Avis, Hart, LaLiga4Sports, Beretta e Nissan Navara.

Todo dará comenzo o venres día 14 ás 18:00 horas coa recepción de participantes e recollida de documentación das categorías de Homes e Spaniels. Para pasar a continuación co sorteo de participantes e baterías. 

O sábado día 15, coas primeiras luces do día, comenzará a competición, desputándose as semifinais nas categorías de Homes e Spaniels. E xa apartires das 19:30 horas recepción e presentación de documentación das Donas e dos campións da edición do 2017. Rematará a xornada coa Cea de Gala e entrega de trofeos os gañadores das semifinais masculina e spaniels.

E xa o prato forte deste campionato nacional chegará na xornada dominical coas fases finais de tódalas categorías para rematar coa entrega de premios os mellor clasificados.

Despois de máis dunha década Galicia volve a acoller unha fase final do Campionato de España de San Huberto. Serán os montes de O Forgoselo testemuña da ética e bo facer do binomio can e cazador que sempre se amosa nesta disciplina de San Huberto. 

Un intenso fin de semana no que a RFEC e a FGC animan a cazadores e non cazadores a que se acheguen aos montes norteños de A Capela e As Pontes para desfrutar da caza, da gastronomía e da hospitalidade das súas xentes. Todo elo mesturado coa natureza fermosa e salvaxe que atoparán nas Fragas do Eume.