PROVINCIAL A CORUÑA COELLO
José Antonio Fernandes revalida o título provincial en Ferrol
03/10/2018

O pasado sábado 29 de setembro desputouse unha edición máis do Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello no Tecor Urogallo de Ferrol, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración con dita Sociedade de Cazadores.

Moitos levantes e persecución proporcionaron o disfrute de cans e participantes neste Campionato Provincial no que destacou a ampla participación con 80 cans inscritos en 20 lotes e unha densidade media-alta de coellos. As prestacións foron de boa calidade a pesares de que as altas temperaturas limitaron o traballo dos cans.

Foi o lote propiedade de José Antonio Fernándes Alves o que acadaba o título provincial novamente revalidando o título acadado o ano pasado en Camariñas. Nesta ocasión participou co lote formado por “Sila, Mora, Sol e Padrón” obtendo un total de 505 puntos. O subcampionato recaía en Marcos José Martínez Seijo co seu lote composto por “Gia, Jara, Peca e Luna” e 485 puntos. O terceiro posto con 468 puntos era para o lote propiedade de José Luis Martínez Calvo cos seguintes cans “Erfull, Ella, Elba e Ebra”.

Ao igual que ocorreu na edición do 2017 a cadela de nome “Sila” propiedade do campión José Antonio Fernándes Alves foi nomeado como Mellor Can da proba con 141 puntos.

Estes tres primeiros lotes clasificados representarán á provincia de A Coruña no vindeiro Campionato Galego da especialidade. Unha final autonómica que se desputará o vindeiro sábado en Riveira.