CURSO ONLINE
Extraordinaria acollida da I Convocatoria do Curso Online a celebrar na Aula Virtual da FGC
31/10/2018

Onte día 30 de outubro remataba o prazo de inscrición para a primeira convocatoría do Curso Online sobre a Formación dos Responsables das Sociedades de Caza.

Unha primeira convocatoria que ven marcada pola extraordinaria acollida por parte dos cazadores e sociedades de caza de Galicia con máis de 120 inscricións cursadas.

Con esta iniciativa a FGC pretende que nin a falta de tempo nin a distancia sexan un obstáculo para que as persoas interesadas en adquirir novos coñecementos poidan facelo sen horarios, sen desprazamentos, confortablemente dende calquera lugar con acceso a internet.

Este curso Online e gratuito dentro da Escola de Caza da FGC abordará a temática sobre a Formación dos Responsables das Sociedades de Caza – Xestión interna e asociativa dunha entidade asociativa. Un curso moi completo en canto a contidos dividido en 4 bloques e 14 temas. A temática versará sobre: Lexislación; Réxime documental, económico, financeiro, patrimonial e fiscal; As comunicacións internas e externas da asociación. 

A reprodución dun video sobre a seguridade nas cacerías e un cuestionario final avaliará os coñecementos adquiridos por parte do inscrito.

Se tes calquera dúbida podes contactar coa Escola de Caza a través do correo electrónico escola@federaciongalegadecaza.com, ou chamando aos teléfonos 981 562 777 ou 679 326 341