ACCESO LIBRE E GRATUÍTO
Xornada formativa sobre xestión do monte, sostibilidade e actividade cinexética en As Pontes
27/11/2018

Baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración do Concello de As Pontes, este venres, 30 de novembro, terá lugar unha Xornada formativa sobre xestión do monte, sostibilidade e actividade cinexética.

A xornada, de acceso libre e gratuíto, celebrarase na Casa da Cultura de As Pontes (A Coruña) e comezará ás 18.30h coa recepción e entrega de documentación. 

Catro ponencias configuran o programa deste evento, que correrán a cargo de Darío Andrade Expósito, Técnico de Caza da Xunta de Galicia; Carlos G. Muñoz Martínez, Enxeñeiro agrónomo e de montes; Carlos Alberto Sánchez Pontón, xornalista; e Javier Nogueira Diz, Presidente durante sete anos da Federación Galega de Caza.

Os asistentes recibirán un agasallo conmemorativo da xornada.

Máis información na Federación Galega de Caza na Coruña, chamando ao 981 70 29 57 ou no correo electrónico coruna@federaciongalegadecaza.com

Descargar programa da xornada