PROVINCIAL LUGO DE ARCEAS
José Manuel Paredes gañador na Terra Cha
03/12/2018

O pasado sábado 1 de decembro os cazadores lucenses apaixoados pola caza da arcea tiñan unha cita no Tecor da sociedade deportiva Terra Cha, desputábase unha edición máis do Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo en colaboración coa Sociedade de Cazadores do Tecor Terra Cha.

Coa incertidume que sempre trae consigo a arcea en canto a súa presencia no Tecor, concentrábanse os cazadores, unha ampla participación que desmostra o incremento de apaixoados a esta caza.

O campionato trascorreu sen imprevistos e tan so temos que destacar a boa presencia de arceas, capturándose 7 e avistándose un bo número delas.  

Foi o cazador José Manuel Paredes Silvosa con 500 puntos o que acadou o primeiro posto converténdose deste xeito no novo campión provincial. Co mesmo número de puntos que o campión, Diego Martínez Guitian e Jaime González Yáñez acadaban o segundo e terceiro posto respectivamente.

A estes 3 primeiros cazadores clasificados acompañaranos Francisco Javier López Salvador e Jesús Paz Penelas, conformando a selección lucense para o autonómico da especialidade.

Un xantar de irmandade e a entrega de premios puxo o punto e final a esta edición quedándo todo emprezado para o vindeiro sábado día 15 de decembro coa desputa do autonómico da especialidade no que, novamente, será o Tecor Terra Cha o lugar elexido.