XORNADA FORMATIVA
Calidade nas ponencias da Xornada Formativa celebrada en As Pontes
03/12/2018

O pasado venres día 30 de novembro tiña lugar no concello coruñés de As Pontes unha Xornada Formativa sobre a Xestión do Monte, Sostibilidade e Actividade Cinexética organizada pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración do concello de As Pontes.

Rematada a xornada o pouso que deixaron as diferentes ponencias impartidas foi extraordinario e altamente valoradas polos preto de 80 asistentes que se achegaron a Casa da Cultura - Casa Dopeso.

Todo comenzaba ás 18:30 horas coa recepción dos asistentes e entrega de documentación, para pasar á presentación da Xornada Formativa por parte de José María Álvarez Villar, presidente da FGC en A Coruña.

Como xa nos ten acostumados en outras ocasión, o Técnico de Caza da Subdirección Xeral de Biodiversidade e Recursos Cinexéticos e Piscícolas, Darío Andrade, realizou unha brilante ponencia que versou sobre a caza en relación con outros usos e aproveitamentos do monte. Dito Técnico tamén falou sobre a implicación da actividade cinexética como elemento dinamizador do medio rural.

Na segunda ponencia impartida por Carlos Muñoz Martínez, ex-xefe de Caza e Pesca Fluvial do Servicio de Conservación da Natureza de A Coruña, fíxose un percorrido pola actividade cinexética dende o seu inicio ata o día de hoxe, falando da revolución agraría e a consolidación do deporte da caza e da súa necesidade como ferramenta de xestión.

Despois dun curto descanso, o xornalista Carlos Alberto Sánchez Pontón, foi o encargado de realizar a terceira ponencia. Brilante, imprescindible e de máxima actualidade foi a charla de Pontón que falou da comunicación como poderosa ferramenta que o colectivo de cazadores debe aprender a utilizar correctamente. Remataba falando do uso das redes sociais e as técnicas para coidar a imaxen da caza e o cazador.

Do broche final da xornada encargábase Javier Nogueira Diz, ex-presidente da FGC e cazador, o cal falou aos asistentes sobre o papel vertebrador da Federación Galega de Caza na Caza en Galicia. E xa no remate analizouse polo miudo e con moitos datos o papel esencial das sociedades de caza, estreitamente ligadas a FGC.