PARA O 2019
Publicada a orde de axudas para paliar os danos do xabaril
26/12/2018

A Consellería de Medio Ambiente ven de publicar a xa anunciada ORDE do 7 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2019.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2019. Esta orde será de aplicación aos cultivos agrícolas danados polo xabaril pertencentes a explotacións agrarias situadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Descargar orde en PDF