DIRECTIVAS
A Lei 3/2018 introduce unha modificación da Lei do Deporte que afecta ás sociedades de caza
14/01/2019

O pasado 28 de decembro de 2018 publicábase a LEI 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, que entre outras moitas, introducia cambios na Lei do Deporte.

Esta modificación considera infracción grave formar parte de máis dunha directiva de clubs que participen en idéntica modalidade deportiva, é dicir non se poden simultanear cargos en dúas sociedades de caza.

Pode descargar a Lei do Deporte, xunto coas modificacións realizadas ata o momento, no noso apartado de lexislación.