ARCEAS OURENSE
Javier Ruiz co seu can “Thor” foron os campións en Bande
23/01/2019

O pasado 19 de xaneiro desputouse no Tecor de Bande O Castelo o Campionato Provincial de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense coa colaboración da Sociedade de cazadores de Bande.

Ao igual que ocorreu no provincial de A Coruña da mesma especialidade a participación na fase ourensá foi boa, con 14 cazadores que cos seus cans tentaron atopar as arceas no fermoso Tecor de Bande O Castelo. Unhas arceas esquivas que non quixeron facer acto de presencia no control disposto pola organización.

Unha vez rematado o tempo de competición, foi o participante Javier Ruiz Ruiz co seu can “Thor” o único que entrou cunha arcea e se converteu no novo Campión Provincial con 500 puntos. Por sorteo o subcampión foi Diego Dorado Álvarez e compretou o podio o cazador José Luis Feijoo Feijoo.

Estes tres cazadores, xunto con José Carlos Otero Pérez e José Antonio Vázquez Rivera, conformarán a representación da provincia de Ourense no Campionato Galego de Caza de Arceas.