#ACAZATAMÉNVOTA
E de caza que?
25/02/2019

Os galegos estamos convocados para elixir no vindeiro mes de abril e maio os nosos Representantes no Goberno Nacional e nos nosos Concellos. A Federación Galega de Caza conta cunha ampla representación do colectivo de cazadores galegos, representando a máis do 90% das Sociedades de Caza que rixen os Tecores da nosa comunidade. 

A FGC debe manter e manterá a neutralidade nos diferentes procesos electorais pero isto non quere decir que non lle traslade aos cazadores galegos as diferentes propostas dos Partidos Políticos sobre a política cinexética, ambiental e mesmo sobre o medio rural. 

O numeroso colectivo dos cazadores galegos e das súas familias así como dos diferentes sectores vinculados a actividade da caza, seguro que tamén tomará en conta estes asuntos á hora de exercer a súa opción electoral.

Con todo isto a FGC baixo o lema “E de caza que?” dentro da campaña nacional #LaCazaTambiénVota poñerá en marcha, no vindeiro mes de marzo e abril, unha rolda de reunións cos diferentes Grupos Políticos con representación parlamentaria. 

Reunións de traballo nas que a FGC, ao igual que os cazadores galegos, quererá coñecer a posición de cada cor político con respecto a caza, aos cazadores e o mundo rural.

Nos diferentes canles de comunicación da FGC manteremos informados das conclusións de ditas reunións. Con esta iniciativa contribuímos a que os cazadores galegos exerzan de xeito responsable o seu dereito ao voto.