#DIADAMULLER
A FederaciĆ³n Galega de Caza, coa folga feminista do 8M
08/03/2019

O persoal administrativo da Federación Galega de Caza (FGC) está composto en máis dun 80% por mulleres. Mulleres que fan posible cada día que os engrenaxes desta entidade funcionen, e que os preto de 20.000 cazadores federados dispoñan dos servizos da Federación con axilidade, eficacia e eficiencia.

A FGC é unha de tantas outras estruturas da nosa vida que non sería posible sen o traballo das mulleres, polo cal a FGC quere amosar publicamente o seu apoio á folga feminista que terá lugar hoxe, 8 de marzo, en todo o territorio nacional, para reivindicar, entre outros moitos aspectos, a invisibilización que as mulleres sofren cada día en tódolos aspectos da vida.