FGC CORUÑA - MEMORIAL MARCIAL RAMIL
Cans de mostra en Tordoia
18/03/2019

Campionato Federación de A Coruña de Cans de Parada puntuable para a Copa Galicia - III Memorial Marcial Ramil Hermida de Caza Práctica con CACT da RSCE

A pasada fin de semana, sábado 18 de marzo, tiña lugar no Tecor da Sociedade de Cazadores de Tordoia – A Coruña, o Campionato de Cans de Parada da Federación Galega de Caza en A Coruña. Nesta mesma xornada e no mesmo esceario cinexético tamén tiña lugar o III Memorial Marcial Ramil Hermida de Caza Práctica con CACT da RSCE.

Unha xornada extraordinaria no tocante o desenvolvemento das probas axudado en gran medida pola deportividade de tódolos participantes e uns campos de gran calidade para sacar todo o potencial dos cans participantes.

Campionato Federación de A Coruña de Cans de Parada

Destacar a participación de 24 cans, 18 en razas británicas e 6 en continentais sendo xuzgados por José Manuel Pallas Germiña, Jorge Amado Sambade e Juan Ramón López Tojo.  

As razas Británicas acadaron as seguintes calificacións, sendo o setter inglés macho de nome “Lio” propiedade de Antonio Vilar o que obtiña unha calificación de 1º MB. O setter inglés macho “Herly” propiedade de Pedro Rodríguez obtivo unha calificación de 2º MB. Cun 3º MB remataba en terceira posición a pointer femia “Zara” de Fernando Manso.

En razas Continentais o primeiro posto cunha calificiación de 1º MB era para o braco alemán de nome “Argo” propiedade de Jaime Aneiros Leira.

III Memorial Marcial Ramil Hermida de Caza Práctica con CACT da RSCE

Nesta terceira edición do Memorial presentáronse un total de 12 exemplares de razas británicas que foron xuzgados polo xuíz princial Francisco Álvarez Rubiño auxiliado por Antonio González Álvarez.

O setter inglés macho “Honey de la Fougere Aigle” conducido por Belisario Bertoa foi o que obtiña o primeiro posto cunha calificación de 1ºMB. “Spartacus de Bosende” un setter inglés propiedade de Andrés Pena era o segundo clasificado cun 2º MB. Coa mesma calificación pero en terceira posición remataba o setter inglés “Inferno do Fontelo” propiedade de Carlos Lalín.