COPA TERRA DE MELIDE
Salvador Sestelo con “Beba” gañadores na proba Terra de Melide
08/04/2019

O pasado 6 de abril, o concello coruñés de Melide foi todo un referente cinexético pola desputa da proba puntuable para a Copa Galicia de Rastro de Xabaril. 

Unha quinta edición deste certame que superou as previsións de participación converténdose nunha proba de referencia a nivel nacional.

Máis de 80 monteiros cos seus respectivos cans citáronse en Melide para competir e acadar os primeiros postos no rastrexo do xabaril con cans atraelados. En 4 campos tiña lugar a ronda clasificatoria na que 24 cans accedían a fase final. 

O especial desta edición foi a dureza climática á que cans e monteiros se tiñan que enfrontar. Choiva, neve e baixas temperaturas fixeron moi complexa a desputa da proba sobretodo na fase final.

Dos 24 cans e monteiros que participaron na final foi a cadela “Beba” conducido polo pontevedrés Salvador Sestelo o campión desta quinta edición Copa Terra de Melide ao acadar unha puntuación total de 238,5 puntos. Ó segundo caixón do podio subía o cazador lucense Martín Martínez con “Paco” e 227,5 puntos. O monteiro, tamén lucense, Luis Otero “Felipe” acadado o terceiro posto con 224 puntos.