CAN DE OURO - RASTRO DE COELLO
O lote propiedade de Oscar Esparis foi o campión do Can de Ouro en Rastro de Coello
15/04/2019

VIII Campionato Can de Ouro Costa da Morte puntuable para a Copa Galicia 

O pasado domingo 14 de abril, os Tecores Societarios de San Xoan de Serres e O Horreo de A Coruña acollían a VIII edición do Campionato de Can de Ouro na modalidade Rastro de Coello, organizado polo Clube "Amigos dos Cans de Caza" en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña e a Sociedade San Xoan de Serres de Muros e a Sociedade Cinexética Carnotana.   Nesta proba de cans de rastro sobre coello asistían un total de 24 lotes de 4 cans que se repartían en varios campos e no que a densidade de caza era suficiente para desputar este tipo de probas . 

Foi o participante Oscar Esparis Agra o que acadaba, co seu lote de beagles “Gus, Dana, Hix e Rot”, o primeiro posto da clasificación final e tamén obtiña o premio ao mellor can da proba con “Gus”.

Marcelo Arosa Dasilva e Alfonso Rey Baulde obtiñan a prata e o bronce respectivamente.