TRAILLEROS DO SALNÉS
O monteiro Sánchez Sexto acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Tito”
29/04/2019

Proba Puntuable para a Copa Galicia da especialidade

Case medio cento de cans e monteiros se deron cita en Vilagarcía de Arousa para participar  nunha proba de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril organizado por os Trailleros do Salnés e coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Karsita e a Federación Galega de Caza de Pontevedra.

Alto nivel e partipación fixo que se poideran ver extraordinarias presentacións do binomio monteiro – can no rastrexo do suido.

Foi o participante Antonio Sánchez Sexto o que co seu can de nome “Tito” acadase o primeiro posto da clasificación final con un total de 253 puntos. Con 238,5 puntos e en segunda posición situouse Álvaro Fontenla Filgueira coa cadela de nome “Muchacha”. José Manuel Barreiro Rivadas coa cadela “Brisa” compretaba o podio co un meritorio terceiro posto con 221 puntos.

Un xantar de irmandade e a entrega de premios, na que interviron organizadores, directivos da Sociedade de Cazadores de Karsita e o presidente da Federación Galega de Caza de Pontevedra, Francisco Couselo, puxo o punto e final a esta proba.