XABARIL SALVAXE EN NARÓN
O monteiro Anxo Puga con “Cholín” gañadores en Narón
29/04/2019

II Proba de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe en Narón

O pasado 27 de abril desputouse por segunda vez unha Proba de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe e baixo a organización da Federación Galega de Caza en A Coruña e coa inestimable colaboración das Sociedades de Caza dos Tecores de “Xubia” e “Fene” de Fene e Narón. Hai que destacar o impecable traballo dos rastreadores que puxeron a disposición dos concursantes un bo número de rastros, feito este esencial para o desenvolvemento de dita proba.

Esta segunda edición recolleu o éxito da primeira edición e contou cunha alta participación, acudiron 40 monteiros que se dividiron en 5 campos, foi valorada moi positivamente habendo moi bos rastros e organización. Unha participación extraordinaria que puxo en apretos aos organizadores xa que as prazas foron cubertas en escasos minutos e, moi ao pesar da organización, moitos monteiros quedaron na reserva sen poder concursar.

Á final pasaron 5 monteiros, e decir, o participante que acadou maior puntuación en cada campo. A final foi moi complexa e na que os cans se tiveron que empregar a fondo, sendo moi boas as prestacións dos 5 finalistas: Anxo Puga, David Iglesias, Luis Mantiñan, Marcos Prieto e Sergio García.

Foi o cazador Anxo Puga Jorge co seu can mestizo de nome “Cholín” o que obtivo o primeiro posto con 269 puntos. Con 234 puntos en segunda posición remataba David Iglesias Varela coa cadela mestiza “Chata”. Luis Mantiñan Pan co seu can de nome “Loco”, campión da edición anterior, obtivo o terceiro posto con 230 puntos.