TORNEO TERRA MELIDE
Os beagles de Rey Baulde gaƱadores do torneo Terra de Melide
06/05/2019

V Torneo Cans de Rastro sobre Coello

Coa colaboración do concello de Melide e o apoio dos Tecores da Sociedade de Caza Terra de Melide, Tecor a Ulloa e Tecor A Xuntanza os apaixoados dos cans de rastro sobre coello tiñan, o pasado 5 de maio, unha cita en Melide.

Baixo a organización de Tono Méndez Romero e coa colaboración da Federación Galega de Caza, cazadores e cans achegáronse a Melide dende diferentes puntos da xeografía galega e tamén dende puntos tan dispares como León e a Rioxa. 

Un total de 24 lotes partiparon neste V Torneo de Cans de Rastro sobre Coello puntuable para a Copa Galicia da especialidade. Unha alta participación que demostrou o auxe destas probas na nosa comunidade.

Foi o lote de beagles propiedade do galego Alfonso Rey Baulde o que obtiña o primeiro posto da clasificación final. Os tamén beagles de Carlos Casas Cambón e Marcelo Arosa obtiñan o segundo e terceiro posto respectivamente.