GALEGO DE PAXARILES
Os mellores paxaros cantores galegos
13/05/2019

XXIII Campionato Galego de Paxariles desputado en Narón

O pasado 12 de maio, desputouse en Río Seco – Narón, o Campionato Galego de Paxariles organizado pola Federación Galega Caza en colaboración coa Sociedade A Faisca.

A esta edición número XXIII acudiron un total de 83 paxaros repartidos nas diferentes categorías e do seguinte xeito: 12 liñaceiros, 25 xílgaros, 12 verderolos, 8 mixtos de liñaceiros, 23 mixtos de xílgaro e 3 mixtos de verderol.

Actuaron como xuíces Manuel A. Chao Porto, Jesús Faraldo Ares,  Iván Fajardo Cao, sendo o Director da Proba Miguel Ángel Ares Ares.

Na clasificación de Liñaceiro o primeiro posto foi para Maria Aurora Río Pico con 66 puntos, seguida de Mª Ángeles Pérez Arcos con 25 puntos e xa en terceiro posto remataba Camilo Taboada Piñeiro con 24 puntos.

En Mixto de Liñaceiro o campión era Miguel Ángel Ares Ares con 47 puntos. O segundo e terceiro posto era para Mª Ángeles Pérez Arcos con 19 e 14 puntos.

Na categoría de Xílgaro foi Iván Fajardo Cao o que obtivo o primeiro posto con 95 puntos, seguido de Mª Del Pilar Beltrán Blanco e José Sanjuan Maceiras en segunda e terceira posición con 86 e 48 puntos respectivamente.

En Mixto de Xílgaro o ouro e a prata eran para Ramón Lago Castro con 118 e 106 puntos. José Sanjuan Maceiras remataba en terceira posición con 99 puntos.

Na categoría de Verderol o participante Paula Veiga Sánchez acadaba o primeiro posto con 10 puntos. En segunda e terceira posición rematou Pedro Fernández Jiménez con 9 e 7 puntos. 

Na clasificación de Mixto de Verderol resultaba gañador Pedro Fernández Jiménez con 6 puntos. Jonatan Crego González con -4 puntos acadaba o subcampionato namentres que Jacobo Romero Gómez subía a terceira posición con -13 puntos.