PROVINCIAL OURENSE DE XABARIL
Salvador Sestelo gañador da proba e Álvaro Fontenla Campión Provincial de Ourense
13/05/2019

X Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril – I Copa Deputación de Ourense

Tal e como estaba previsto, o pasado sábado 11 de maio, desputouse nos montes do Tecor de Baltar a décima edición do provincial de Ourense de cans de rastro atrelados sobre xabaril. Proba clasificatoria para o Autonómico da especialidade na que competiron preto de vinte monteiros. 

A proba contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e coa esencial colaboración da Sociedade de Cazadores de Baltar.

Deportividade e coordialidade foron a notas destacadas do campionato no cal o monteiro pontevedrés Salvador Sestelo Nuñez coa cadela  “Beba” e un total de 229 puntos se convertía no campión absoluto. Seguiulle en méritos o can “Rider” con 223 puntos de José Rodríguez Domínguez. Mentras que a terceira praza era para Manuel Barreiro Rivadas, con “Brisa” e 221 puntos.

O cuarto clasificado e campión provincial era Álvaro Fontenla Filgueira con “Muchacha” e 2013.

O torneo estivo dirixido polos federativos José Castro Rivela e Manuel Feijóo e, como é habitual, coñecidos os resultados levouse a cabo o xantar de confraternización e clausura, rematando coa entrega de premios.