PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
Lorenzo Condesa con “Queso” e Pereira Vidal con “Draco” en Springers foron os gañadores
27/05/2019

XXXIII Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto

Na xornada do pasado sábado día 25 de maio desputouse en Baiona o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración da Sociedade de Caza “As Tres Bes”.

A proba foi dirixida por Moises Balboa e xuzgada polo xuíz titular Santiago Saavedra e auxiliado por Oscar Martínez Mosquera, os destacaron o bo facer e deportividade dos participantes inscritos

O cazador Alejandro Lorenzo Condesa foi o campión co seu setter inglés macho de nome “Queso” con 63 puntos. O segundo posto, con 57 puntos, adxudicouso José Ramón Zamora Lorenzo co bretón macho de nome “Xanto de Alecrín”. O bronce foi para Juan Manuel Lorenzo Pazo co pointer macho “Judas” e 56 puntos. 

Na categoría de Spaniel Springer o campión era Saturnino Pereira Vidal con “Draco” con 73 puntos. 

Lembrar que a selección provincial de Pontevedra que acudirá ao Campionato Galego da especialidade quedou composta por: Alejandro Lorenzo Condesa, José Ramón Zamora Lorenzo, Juan Manuel Lorenzo Pazo, Saturnino Pereira Vidal e Jorge Carrera Davila.