PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
Martín Baqueiro campión provincial e Daniel Cebreiro campión da proba
26/06/2019

XXXIII Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza

Na pasada fin de semana, 23 de xuño, desputábase a fase provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza, proba en aberto pero clasificatoria para o Campionato Autonómico da especialidade que se desputará no vindeiro mes de xullo en Río Sar.

A Federación Galega de Caza de Pontevedra organizaba este campionato provincial coa colaboración da Sociedade de Caza A Magdalena de Burgería (Oia) no cal ata un total de 47 tiradores se enfrontaban a un total de 100 pratos.

Un extraordinario campionato no que se impuxo, revalidando o título de campión provincial, o tirador Martín Baqueiro Villafines cun total de 80 pratos escachados, ainda que o campión da proba foi o coruñés Daniel Cebreiro García con 83 pratos.  O tirador Francisco Javier Rivero Martínez accedía o terceiro posto do caixón con 78 pratos.

Na categoría de Senior Gabino Villamor Vázquez era o que máis pratos escachaba por diante de Jaime Vilas Pereira e Juan Garrido Amoedo que remataban en segunda e terceira posición, respectivamente. 

En veteranos o gañador era Manuel García Carrera e en máster o ouro era para Luís Salmeron Madera.