COMUNICADO DA FGC A CORUÑA
A FGC de A Coruña traballa para evitar o posible peche da Intervención de Armas de Ordes
08/07/2019

Na xornada de hoxe o presidente e o secretario da FGC de A Coruña, José María Álvarez Villar e Antón Del Río Viqueira, mantiñan unha reunión de traballo coa Subdelegada do Goberno en A Coruña, Pilar López-Rioboo Ansorena, coa preocupación do posible peche da Intervención de Armas e Explosivos do concello de Ordes.

Unha preocupación da FGC e de centos de cazadores que se verían seriamente afectados polo dito peche e as consecuencias que conlevaría para a realización de trámites por parte dos cazadores do concello de Ordes e arredores. Ata un total de 9 concellos con 50.000 habitantes estarían afectados por este posible peche así como 15 Tecores e 1.500 cazadores, 6 armerías, 2 canteiras, 1 pirotecnia e entorno ás 10.000 armas existentes así como a Policia local, dependente desta Intervención, e Axentes da Gardería.

López-Rioboo escoitou ós directivos federativos pero non adquiriu compromiso de solución ante esta problemática xa que apunta que dito feito é dependente da estructuración do corpo da Garda Civil.

A FGC de A Coruña agarda unha volta atrás ante dito peche e informa aos alcaldes dos concellos afectados que exerzan as medidas de presión necesarias en pro do beneficio dos seus veciños.