NACIONAL DE XABARIL
Michael Otero e Martín Martínez fan que Galicia domine o Nacional de Xabaril
22/07/2019

Campionato de España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril

A Selección Galega chegaba a pasada fin de semana a Villasana de Mena (Burgos) co obxetivo claro de realizar un bo papel na proba Nacional de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril. Unha vez máis, os nosos monteiros estiveron no máis alto e voltaron para Galicia co ouro e o bronce da man de Michael Otero con “Chacho” e Martín Martínez con “Camarón”

A Selección Galega estivo conformada por Sebastián Martínez, Adolfo Vázquez, Martín Martínez, Michael Otero, José Manuel Fernández, Iván López, Salvador Sestelo e José Manuel Barreiro.

Unha vez desputada a fase clasificatoria, os monteiros Michael Otero e Martín Martínez foron os dous únicos monteiros galegos que accederon a final, pero unha vez desputada esta, o resultado foi extraordinario e os dous mencionados monteiros ocuparon o primeiro e terceiro posto da clasificación xeral.

O Campión Michael Otero Folgueira con “Chacho” acadaba un total de 243 puntos, unha puntuación moi superior a acadada polo segundo clasificado, o cántabro José Manuel Canales con “Pistolas” que remataba con 216,5 puntos. O bronce tamén viña para Galicia da man de Martín Martínez García con “Camarón” e 202 puntos.

Noraboa á Selección Galega polo éxito acadado nesta destacada proba Nacional de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril.