SAN HUBERTO MAÑÓN
René Vale adxudícase o primeiro posto en Mañón
29/07/2019

Puntuable para a Copa Galicia da especialidade, o pasado 28 de xullo desputábase a terceira edición do Campionato de Caza San Huberto de Mañón – A Coruña.

Grañas de Sor acollía esta proba na que participaron un total de 25 cans e estivo organizada pola Agrupación de Cazadores do Ortegal, a Sociedade de Caza Grañas do Sor – Mañón e a Federación Galega de Caza en A Coruña.


O cazador René Vale García co macho de setter inglés de nome “Suayper de Piago” obtiña o primeiro posto cun total de 78 puntos. Edelmiro Leira Pérez con “Nilo” e Roberto Dopico Dopico con “Easy” remataban en segunda e terceira posición respectivamente empatados a 73 puntos.