AUTONÓMICO DE SAN HUBERTO
Antonio Olveira, Nuria María Varela e Juan José Canosa son os novos Campións Galegos de San Huberto
04/08/2019

XXXII Campionato Galego de Caza San Huberto desputado en Boiro

O pasado 3 de agosto tiña lugar no concello coruñés de Boiro, a final do Campionato Galego de Caza San Huberto no que Antonio Olveira en Homes, Nuria María Varela en Donas e Juan José Canosa en Levantadores resultaban campións do Autonómico.

Baixo a organización da Federación Galega de Caza e contando ca esencial colaboración da Sociedade de Cazadores de Castelo de Vitres – Folgoso desputábase esta fase final na que destacamos a deportividade e a máxima calidade dos terreos donde se desputaron as fases finais deste Campionato Galego.

Na categoría Masculina os diferentes cazadores clasificados nos seus respectivos campionatos provinciais dividíanse en 3 campos dos cales, os dous mellores pasaban o barrage final. Un intenso barrage de moita calidade e no cal se xogaban o título autonómico e 4 plazas para a cita do Nacional da especialidade. Jaime Aneiros, Juan Carlos Arteche, Antonio Olveira, Roberto Dopico, José Manuel Pallas e Fernando Manso eran os cazadores que se desputarían o título.

Un emocionante barrage, con moita caza posta e abatida polos cazadores foi a nota predominante desta final na que o percorrido e calidade dos cans foron os que marcaron as diferencias nos primeiros postos.

Antonio Olveira Pego coa femia de setter inglés “Berta de Vilar de Donas” era o primeiro clasificado e Campión Galego despois de realizar un percorrido intenso, ordeado e no que “Berta” foi quen de poñer as 3 perdices sementadas, abatíndo Olveira duas delas. A prata era para Juan Carlos Arteche Castillo coa pointer femia “Chula de Vilar de Donas” e o bronce obtiñao Jaime Aneiros Leira co macho de braco alemán de nome “Arco das Fontiñas”. O cuarto clasificado e con plaza para o Nacional era para Roberto Dopico Dopico coa femia de pointer “Easy de Capagut”.

Na categoría de Levantadores o primeiro posto e polo tanto Campión Galego era para Juan José Canosa Vigo co springer spaniel “Thor de Forvelaz”. Eloy Rodríguez Martínez con “Piti de Forvelaz” era o que acabada o sucampionato namentres que compretaba o podio Saturnino Pereira Vidal con “Draco de Estrellas del Tebra”.

A xoven cazadora Nuria María Varela Painceiras co macho de pointer “Perseo da Xeara” era a flamante campiona na categoria de Donas.  A prata era para Ana Isabel Arbiol Ledesma acompañada pola pointer femia “Tila de Vilar de Donas”. O terceiro caixón era para Nicolasa González Carredoguas coa pointer femia “Conga”.

Un xantar de irmandade e a entrega de premios puxo o punto e final a esta edición número XXXII do Autonómico de San Huberto no que tamén se entregou, por parte de Cristina García Carrión Xefa Territorial de Medio Ambiente de A Coruña, a placa de Campión da Copa Galicia da especialidade a Edelmiro Leira Pérez e o seu can “Nilo do Lugar Vello”.

A Selección Galega que representará a Galicia no Campionato de España de San Huberto quedou conformada polos siguintes deportistas: Antonio Olveira, Juan Carlos Arteche, Jaime Aneiros, Roberto Dopico, Nuria María Varela, Ana Isabel Arbiol, Nicolasa González, Juan José Canosa, Eloy Rodrígueze e Saturnino Pereira