SAN HUBERTO BETANZOS
René Vale gañador do Trofeo Cidade de Betanzos
20/08/2019

XXIII Trofeo Internacional de San Huberto Cidade de Betanzos

Unha nova proba da disciplina de San Huberto desputábase en Betanzos (A Coruña) o pasado 15 de agosto. A dita proba acudían un total de 30 cans que baixo a organización da Sociedade de Cazadores Oza dos Ríos e a colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña e o Concello de Betanzos participaban neste campionato puntuable para a Copa Galicia da especialidade.

Foi René Vale García co setter inglés macho de nome “Suayper” o que acadaba a victoria con 78 puntos. Jaime Aneiros Ardao co macho de pointer “Baco” obtiña a prata con 70 puntos. E xa con 61 puntos o terceiro posto era para Belisario Bertoa Suárez co setter inglés macho “Horams”.