CURSO SEGURIDADE NA CAZA OURENSE
Didáctico e participativo Curso de Seguridade na Caza celebrado en A Rúa
09/09/2019

O pasado 7 de setembro, a FGC en Ourense, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, organizaba o seu correspondente Curso de Seguridade na Caza. 

Un curso de formación que nesta edición 2019 foi sumamente didáctico e interactivo para o medio cento de cazadores e directivos de sociedades de caza que se achegaron ó Centro Cultural Avenida en A Rúa no serán do pasado sábado 7 de setembro.

Todo comezaba ás 17:30 horas coa recepción e entrega de documentación aos asistentes para, de inmediato, comenzar a debullar toda a temática da que constaba o Curso sendo perfectamente relatada polos seguintes ponentes: Dario Andrade Expósito, cazador e Técnico de Caza da Subdirección Xeral de Biodiversidade e Recursos Cinexéticos e Piscícolas; María Teresa González Justo, Avogada, Asesora Xurídica da FGC e experta en lexislación cinexética e deportiva; Pilar Escribano Reina, cazadora e Responsable de Comunicación de Mutuasport; e por último Carlos Sánchez Pontón, Xornalista.

Visualización de videos e proxección de presentacións fixeron un Curso de Formación moi enriquecedor e durante o cal se abordaron os seguintes temas de actualidade cinexética: seguridade nas cazarías colectivas; infraccións, sancións e responsabilidade no desenvolvemento das cazarías; seguros de responsabilidade civil; manipulación e seguridade no consumo de carne de caza; e a contribución das novas tecnoloxías na seguridade da caza.

Remataba a xornada cunha Mesa Redonda moi participativa e na cal dende a FGC de Ourense agradece a presencia e participación dos cazadores e sociedades de caza neste curso así como a intensa colaboración do Concello de A Rúa e o seu equipo de goberno, cumplíndose con creces as expectativas creadas para esta xornada de formación cinexética.