PROVINCIAL A CORUÑA COELLO
Fernando Gago acada o provincial en Ames
21/09/2019

Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello

Hoxe, 21 de setembro, desputouse unha edición máis do Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello no Tecor “Azor de Ames”, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración con dita Sociedade de Cazadores.

Boa participación e unha densidade aceptable de coellos permitiron desfrutar dunha gran xornada de cans de rastro sobre coello, realizándose prestacións de enorme calidade.

Foi o lote propiedade de Fernando Gago García o que acadaba o título provincial participando co lote formado por “Lenon, Jaima, Dora e Dara” obtendo un total de 483 puntos. O subcampionato recaía en Alfonso Rey Baulde co seu lote composto por “Racha, Xesta, Rato e Fousa” e 480 puntos. O terceiro posto, a tan so un punto do subcampión, era para o lote propiedade de Oscar Esparís Agra cos seguintes cans “Gus, Rot, Hix e Dana”.

A cadela de nome “Xesta” propiedade do subcampión Alfonso Rey Baulde foi nomeada como “Mellor Can da Proba” con 128 puntos.

Estes tres primeiros lotes clasificados representarán á provincia de A Coruña no vindeiro Campionato Galego da especialidade. Xantar e entrega de premios puxeron o colofón a esta edición 2019 do Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello.