EN OURENSE
A FGC estará presente un ano máis en SPORTUR
28/10/2019

SPORTUR, o Salón do Deporte e Turismo Activo, é un evento destinado a todos os públicos, tanto para deportistas, afeccionados ou principiantes, como para os maiores e nenos. Os visitantes atoparán no salón un lugar onde poderán contactar co deporte en todas as súas facetas.

Neste marco, a Federación Galega de Caza estará presente unha vez máis cun stand informativo e co seu simulador de tiro virtual, que sen dúbida será unha das atraccións da feira. Tamén levará a cabo, en colaboración co clube Arcocelta, demostracións de percorridos de caza con arco.

A terceira edición de SPORTUR celebrarase os días 15 e 16 de novembro no Recinto Ferial de Expourense en horario e 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Máis información na web oficial de SPORTUR