DE TODA A PROVINCIA
Un cento de cazadores lucenses participaron no derradeiro Curso de FormaciĆ³n e Seguridade na Caza
21/10/2019

A Federación Galega de Caza celebrou, con éxito, o pasado 18 de outubro en Lugo o derradeiro Curso de Formación e Seguridade na Caza. A FGC rematou así o seu ciclo formativo presencial deste 2019 para cazadores e sociedades de caza, unha vez que xa se teñen realizado cursos formativos nas catro provincias galega.

Un ciclo formativo que resultou ser de extraordinaria acollida con máis de 500 cazadores participando nos 5 cursos celebrados.

O Hotel Santiago foi o lugar elexido pola delegación federativa lucense para a realización deste Curso de Formación e Seguridade na Caza no cal os 100 cazadores inscritos chegaron de tódolos puntos da xeografía lucense, estando representadas as maior parte das sociedades de caza de dita provincia.

A seguridade nas cazarías colectivas; as infraccións, sancións e responsabilidade no desenvolvemento das cazarías; os seguros de responsabilidade civil; manipulación e seguridade no consumo da carne de caza; a contribución das novas tecnoloxías na seguridade da caza ou os primeiros auxilios na actividade cinexética foron as temáticas que se abordaron neste Curso Formativo que contou con relatores de prestixo e especialistas nas diferentes materias, como por exemplo o xerente de Mutuasport, Javier Verges, entre outros.