GALEGO DE CAZA MENOR CON CAN
Antonio González co seu pointer “Lider” proclamouse Campión Galego de Caza Menor con Can na Terra Chá
02/11/2019

XXXIII Campionato Galego de Caza Menor con Can desputado no Tecor Terra Chá

No día de hoxe, 2 de novembro, desputouse no Tecor Terra Chá de Lugo, concretamente no concello de Cospeito, a edición número XXXIII do Campionato Galego de Caza Menor con Can. 

Unha xornada cinexética que contou coa presencia da choiva durante boa parte da maña pero que non impediu o extraordinario desenrolo da proba. O campionato estivo organizado pola Federación Galega de Caza e contou, novamente, coa colaboración do Tecor Terra Chá.

Os 22 participantes, clasificados polas 4 provincias galegas máis o campión da edición anterior, tomaron saída neste campionato que foi valorado moi positivamente polos cazadores. Uns cazadores que desfrutaron de moitos lances e nos cales as numerosas perdices presentes no Tecor foron as protagonistas. Mostra delo foron as 24 capturas e a multitude de avistamentos de caza por parte de tódolos cazadores.

Foi o cazador Antonio González Álvarez co seu pointer “Lider” o que facía a entrada en control ás 12:05 horas co cupo de 3 perdices, reportándolle un total de 1.650 puntos e sendo á postre o novo Campión Galego da especialidade. Con 1.375 puntos, 2 perdices abatidas e unha terceira cobrada polo can, situábase en segunda posición Juan Carlos Rodríguez González con “Jaga”. Con 2 perdices e 1 faisán a medalle de bronce era para José Manuel Torres Cebey con “Tris” e 1.300 puntos.

Estes tres primeiros clasificados representarán a Galicia na vindeira Semifinal do Campionato Nacional de Caza Menor con Can. 

Participantes, xuíces, organización, directivos e autoridades desfrutaron dun xantar de irmandade no que a entrega de premios puxo o colofón a esta edición XXXIII do Campionato Galego de Caza Menor con Can.