INADMISIBLE |
A FGC condena enerxicamente o caso de maltrato animal ocorrido en Chantada |
02/12/2019 |
A Federación Galega de Caza quere expresar a súa máxima repulsa ante o inexplicable acto de agresión a unha cadela por parte do seu dono na zona de Chantada. Actos deste tipo non teñen cabida en ningún colectivo e menos no cinexético, onde os cans sempre son os mellores compañeiros no desenrolo da nosa actividade e na vida diaria. Estes feitos serán estudados polo miúdo por parte da Federación Galega de Caza e a Real Federación Española de Caza para a posible personación como acusación. |