CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
Suayper de Piago, de René Vale, gañador en Baleira
08/01/2020

IV Copa Federación Galega de Caza de Cans de Parada sobre arcea

O 4 de xaneiro tivo lugar unha nova edición desta agardada proba, nesta ocasión no tecor societario de Baleira (Lugo). A proba estivo organizada pola Federación Galega de Caza en colaboración coa directiva de dito tecor e contou coa presenza de José Manuel Balseiro, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, e de Miguel Ángel Fernández, Tenente de Alcalde do concello de Baleira. Os cans clasificados foron:

1ª Exc. Suayper de Piago, de René Vale

2º MB Azor da Brisa da Ría, de Eloy Rodríguez