SEN CUSTE ADICIONAL
Mutuasport amplia as coberturas de tódalas súas pólizas
29/01/2020

Mutuasport, a compañía líder en seguridade e prevención dos cazadores e pescadores, seguindo as liñas de mellora nos seus produtos e servizos, lanza unha ampliación total en todas as pólizas do seguro do cazador.

Así, desta maneira, e de forma retroactiva, as substanciais melloras dos seus asegurados son as seguintes:

  • Cobertura de gastos sanitarios ILIMITADOS (ata 24 meses) en centros concertados.
  • Incremento dos capitais asegurados na cobertura de danos propios de todos os documentos únicos excepto no  PREMIUM, é dicir, “ N” “ Q” “ S” e “ R”, pasando de 42.100€ a 50.000€.
  • Ampliación da cobertura temporal polos danos producidos polos cans perdidos máis aló dos 30 días actuais.
  • Cobertura do rescate dos cans ata un límite de 3.000 euros por sinistro e ano.
  • Roubo e danos causados ás armas de fogo (incluído rifle e óptica do visor) nos casos de explosión do canón en todos os documentos únicos, cun límite de 300 euros nos documentos tipo “ N” e “ Q”, no “ S” de 750 euros e de 1.500 Euros no  premium.
  • Ampliación temporal da cobertura dos danos producidos polas aves de cetrería a todo o ano sen necesidade de contratar o anexo.

Con estas melloras Mutuasport segue así reforzando a súa oferta de produtos e actualizándose ás necesidades e demandas dos seus asegurados, estando á cabeza como a mutua cos seguros deportivos e cinexéticos máis completos e competentes. 

Os preto de 20.000 cazadores galegos que están asegurados con Mutuasport beneficiaranse así destas mellores con carácter inmediato e sen ningún tipo de trámite.