A CAZA DO RAPOSO
Verdades, medias verdades e verdadeiras mentiras sobre a caza do raposo
28/02/2020

Nas derradeiras semanas os medios de comunicación fixéronse eco das manifestacións interesadas de grupos animalistas que reproban a caza do raposo esgrimindo argumentos incertos ou de dubidosa veracidadr. Por elo, dende a Federación Galega de Caza queremos aclarar algúns aspectos sobre a caza do raposo en Galicia, aportando datos obxetivos que permitan a cada un sacar as súas propias conclusións.

En primeiro lugar, debemos lembrar que o raposo (Vulpes vulpes) é unha especie de caza menor, catalogado deste xeito tanto en España como en tódolos países da nosa contorna. Como tal peza de caza menor, a Orde Anual de Vedas establece o periodo hábil para a súa caza e os plans cinexéticos dos TECORES contemplan o cupo total de exemplares que se poden cazar no seu acoutado; ao igual que no caso da perdiz, a lebre, o coello ou calquer outra especie cinexética. Por tanto, a caza do raposo non é unha actividade excepcional practicada de forma alegal nin ilegal mediante autorizacións caprichosas e arbitrarias, se non todo o contrario, é unha actividade cinexética regulada do mesmo xeito que para o resto de especies cinexéticas.

É un feito que actualmente a caza do raposo sofre o acoso animalista. Posiblemente como consecuencia da publicidade que ten cando se práctica en forma de “campionato” e a oportunidade que algúns ven de acadar popularidade ante esta situación, consegueron que, para os animalistas, tratar de prohibir a caza do raposo se converta nunha verdadeira paixón ao marxe de calquer razonamento lóxico. A ignorancia é atrevida e, así, o grupo animalista blande un manifesto pragado de datos manipulados e falsos, cheo de comentarios innecesarios, irrespetuosos e despectivos nos que chegan a calificar os campionatos de caza de raposo como de “exterminio do raposo” ou “masacres de raposos”, co único ánimo de denostar a práctica cinexética.

Por desgraza, a actividade deste reducido grupo non acaba aquí, se non que os radicais incumplen a lei perseguindo ós cazadores polo monte ata as zonas claramente sinalizadas como de que se está desenrolando unha cacería e sirvíndose de aparatos sonoros tratan de irromper, no mellor dos casos, facendo ruxido, molestando e proferindo insultos e ameazas que, no peor dos casos, chegaron a materializarse en agresións físicas contra os cazadores.

Sen embargo, ao marxe de protagonismos animalistas e opinións a favor e en contra da caza, o certo é que a administración aproba a cada TECOR un cupo de raposos para unha tempada de caza que pode aproveitar como mellor considere: ou ben cazando os exemplares os propios socios do TECOR ao longo da tempada, ou ben reservándoos para invitar a deportistas a cazar nos seus terreos nas datas dos campionatos. Os efectos cinexéticos, medioambientais e sobre a dinámica poboacional serán os mesmos e só aos que poseen os dereitos cinexéticos, é dicir aos titulares do TECOR, corresponde decidir o destino do seu cupo de raposos.

Respeto ao campionato de raposo, do que tristemente unha parte da sociedade entende que é unha masacre de raposos ou caza a terra queimada, debemos matizar que non se trata dunha caza intensiva, pois:

-Non cazan xuntos tódolos participantes no campionato. Compiten por equipos de 10 cazadores cun xuíz de campo que vixila o cumplimento de tódalas normas. 

-Só se caza durante unhas poucas horas (máximo 5) e, ademáis, cázase nunha zona descoñecida para os cazadores respeto ao comportamento da caza. 

-Non se caza de forma intensa unha superficie onde se extermina o raposo. Ao contrario, cada grupo de cazadores ten reservada unha zona de máis de 500 ha onde ese día só caza ese grupo. Cazar todos xuntos arrasando unha zona é impensable: non o permitiría nin o plan cinexético, nin as máis elementais normas de seguridade, nin tampoco o sentido común.

-Os raposos cazados nun campionato non son raposos que se cazan a maiores do cupo de extracción asinado no plan cinexético dos TECORES afectados. Ao contrario, a celebración do campionato nun terreo precisa necesariamente que o TECOR teña cupo suficiente de raposos non cazados para poder ofrecerllo ao campionato e cuantificar posteriormente as capturas no seu cupo anual. 

-Un campionato de caza é unha xornada deportiva organizada e controlada. Non se trata de que un día se lle ocurra a alguen da Federación de Caza e o presidente dun TECOR plantexar unha xornada de caza sen máis; ao contrario, é unha xornada deportiva moi controlada e moi meditada, que precisa da autorización administrativa e de control, tanto por parte das autoridades competentes como da propia Federación e do resto de organizadores do evento.

Dende o punto de vista xurídico, podemos afirmar que a caza do raposo é unha actividade legal e na actualidade é das máis reguladas e controladas. Neste sentido, debe cumplir o establecido tanto na Lei de Caza, na Lei do Deporte, no Reglamento, na Orden Anual de Vedas, nos plans de aproveitamento cinexético (5 años), como no plan cinexético anual. Ademáis, pola súa parte, o cazador debe superar o examen do cazador, o examen de armas e un examen psicotécnico para obter a licenza de caza e o permiso de armas, documentos imprescindibles para poder practicar a caza. ¿Acaso existe algunha actividade habitual máis regulada e controlada?.

Dende o punto de vista medioambiental, aparcando as paixóns e centrándonos en datos obxetivos, debemos considerar que o raposo e unha “especie vigorosa” sen ningún problema poboacional coñecido, que ocupa todo o territorio galego. Neste sentido cabe decir que Galicia posee a maior densidade de raposo da Península Ibérica, cunha media de 2,7/Km2 alcadando en zonas periurbáns máis de 3,8 zorros por Km2. Por tanto, podemos afirmar que en toda a xeografía galega hai unha poboación de raposo abundante que permite o seu aproveitamento cinexético sen ningún problema para a especie vulpina e en beneficio do resto das especies coas que convive. A este respeto, non debemos esquencer que o raposo é un predador oportunista que preda sobre numerosas especies cinexéticas e non cinexéticas. Ademáis, consume froita e restos da alimentación humana e animal. Por todo elo é necesario e convinte que esté no medio, pero en proporción co resto dos animais, do contrario as especies sobre as que preda veranse seriamente perxudicadas, así como os intereses dos gandeiros.

Dende o punto de vista científico, os campionatos de caza do raposo, en tanto que son accións de caza colectiva coordinadas e controladas pola Federación, son unha excelente oportunidade, dadas as condicións nas que se desenvolven, para estimar as densidades da poboación vulpina, as variacións deste parámetro ao longo do tempo, así como para comprobar o estado sanitario dos exemplares cazados. Lembremos que o raposo é un bo bioindicador do que ocorre no medio ambiente, por elo resulta moi interesante coñecer a presencia de tóxicos nas súas vísceras, ou a presenza de enfermidades infecciosas ou parasitarias que poden padecer e trasmitir a outros seres vivos, incluso ao ser humano. Por este motivo, a Federación de Caza e as sociedades federadas tradicionalmente colaboran con diferentes grupos de investigación para que se desenrolen estudos co fin de facilitar datos que permitan tomar decisións ou establecer solucións adecuadas. Grazas a esta colaboración coñecemos, por exemplo, o papel do raposo como propagador de algunhas enfermidades como a ocasionada por distintas babesias transmitidas por carrachos que pican ao raposo e posteriormente parasitan aos cans ou a presenza de pequenos vermes no ollo que se poden transmitir a outras especies a través de moscas ou a presenza de sarna nalgúns exemplares que poden difundila entre os animais domésticos e silvestres cos que comparte o medio.

Dende o punto de vista social, os campionatos de caza do raposo supoñen que os afecionados se xunten e interaccionen, creando, mantendo e estreitando lazos de amizade. De feito, é posible que cazadores de Silleda compitan en Portomarín con un xuíz de campo de outro lugar e ao mes seguinte se devolvan a visita, compartan momentos, pensamentos e experiencias enriquecedoras e, en definitiva, se establezcan lazos de amizade nunha sociedade que tan necesitada esta de amizade e boas relacións. Así, este tipo de campionatos son eventos cun importantísimo carácter social, que non perxudican en absoluto as condicións do medio ambiente na que se desenrolan e que aportan importantes oportunidades de negocio no medio rural onde se celebran. É fácil imaxinar como un evento que moviliza a máis de 300- 400 ou 500 persoas un fin de semana xenera oportunidades de negocio e importantes beneficios económicos (hotel, restaurante, transporte, servizos, etc.).

Por tanto, podemos afirmar que un campionato en ningún caso é unha caza masiva e incontrolada, senon unha acción cinexética deportiva controlada, celebrada nun ambiente positivo de camaradería e amizadr, que remata cunha comida de irmandade entre tódolos participantes; cousa que inexplicablemente tampouco gusta aos contrarios á caza, quenes se concentran ás portas do restaurante para insultar e incluso humillar ós cazadores, actitudes ás que lamentablemente os cazadores están acostumados e soportan armados únicamente coa súa tolerancia, pacencia e educación, pois xa recolle o refraneiro español aquelo de que “no hay mayor desprecio, que no mostrar aprecio”.