COMUNICADO DA FGC
Pese á rectificación a FGC acolle de bo grado a próxima posta en marcha da actividade cinexética
15/05/2020

Fai escasas horas, o Ministro de Sanidade, Salvador Illa, comunicaba a reactivación da actividade cinexética para o vindeiro luns 18 de maio, feito este que dende a Federación Galega de Caza se acolle de bo grado pese a chegar con días de retraso e baixo a rectificación dunha prohibición que non se debera haber producido porque non había impedimentos sanitarios que non o permitisen.

Un agravio comparativo con outros deportes e actividades que se podían facer de xeito individual e ao aire libre e que grazas ao apoio social e traballo realizado dende a Federación Galega de Caza poderase practicar apartires, posiblemente, do vindeiro luns 18 maio. Un apertura cinexética que se especificará e analizará coa publicación no Boletín Oficial do Estado. 

Despois dos contactos e reunións da FGC co goberno autonómico, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Consellería de Medio Ambiente e Secretaría Xeral para o Deporte, realizadas en días atrás a FGC deu o seu particular empurrón para que a caza retome a súa actividade. 

A FGC agradece o apoio de diferentes presidentes autonómicos, entre os que se atopaba o presidente da Xunta de Galicia, na reivindicación pública da necesaria activación da caza por motivos sociais, económicos e de xestión. Tamén é de destacar o traballo dos diferentes medios de comunicación autonómicos e especializados por facerse eco do sentir federativo e dos cazadores galegos.

A FGC agarda que esto fose unha chamada de atención e un punto de partida para os diferentes órganos de Goberno, do presente e futuro, e se lle dea á caza o valor que lle corresponde pola súa importancia social, económica e de xestión medioambiental.