CIRCULAR INFORMATIVA
Práctica da actividade cinexética durante a fase 1 da desescalada
18/05/2020

1. Queda permitida a actividade cinexética en todas as súas modalidades (accións de caza, adestramento de cans e outras actividades como soltas, repoboacións, etc.) na Comunidade Autónoma de Galicia, respectando o establecido no PAAC aprobado pola CMATV, cumprindo todas as esixencias previstas na normativa cinexética, e respectando a distancia de seguridade e as medidas de hixiene e prevención fixadas polas Autoridades sanitarias, sen máis limitación de franxas horarias que a establecida na lexislación cinexética.

2. A actividade cinexética deberá desenvolverse dentro da provincia de residencia do cazador ata que as Autoridades Sanitarias permitan a mobilidade entre provincias.

3. Para o desenvolvemento da actividade cinexética organizada que implique a máis de un cazador, deberá disporse dun plan de actuación por parte do responsable, no que se detallen as medidas de prevención e hixiene (vésaxe protocolo organización de cazarías).

4. Durante o desenvolvemento das actividades cinexéticas seguiranse as medidas xerais de prevención e hixiene fronte ao COVID-19 indicadas polas Autoridades sanitarias, e en particular:

          a) Cando non sexa posible manter a distancia de seguridade establecida será obrigatorio o uso de mascarilla.

          b) Non se compartirán utensilios de caza, nin utillaxe de comida ou bebida.

          c) Deberase limpar e desinfectar, despois de cada uso, tanto os utensilios usados na práctica da caza como o vestiario.

Descargar protocolos:

  1. PROTOCOLO ORGANIZACIÓN CAZARÍAS
  2. PROTOCOLO OUTROS ADESTRAMENTOS CON FINS DE COMPETICIÓNS
  3. PROTOCOLO PARA A VOLTA Á ACTIVIDADE DEPORTIVA