COMUNICADO DA FGC
A FGC segue a presentar as inquedanzas e proxectos dos cazadores ás diferentes forzas políticas ante os comicios electorais
07/07/2020

O Partido Popular coñece de primeira man as inquedanzas e proxectos de futuro da Federación Galega de Caza como máximo representante dos cazadores galegos.

A sede da Federación Galega de Caza, sita en Santiago de Compostela, recibía no día de hoxe á Conselleira de Medio Ambiente en funcións e candidata de A Coruña polo Partido Popular,  Ángeles Vázquez, que estivo acompañada polo número dous da formación popular por Coruña Diego Calvo.

Máis de unha hora de xuntanza na que os representantes da forza política popular tomaron nota dos puntos de máximo interese da actualidade cinexética expostos polo presidente da FGC, Javier Nogueira. Os danos en cultivos e estradas, a mellora de hábitats, prevención de incendios e outros temas foron os tratados durante dita reunión.

O presidente federativo rematou solicitando un recoñecemento e posta en valor da caza e dos cazadores galegos, solicitude que fixo e fará a todas aquelas forzas políticas que teñan a ben escoitar aos cazadores galegos.