PERMÍTESE A ENTRADA NA COMUNIDADE
Castela A Mancha declara a caza como actividade necesaria
27/11/2020

Mediante a Resolución de 26/11/2020, da Dirección General de Medio Natural y Biodiversidad da Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha, esta CCAA vende de declarar a caza de diversas especies como actividade necesaria.

Esta medida entra en vigor ás 00:00 horas do 28/11/2020, momento dende o cal se permitirá a entrada de cazadores de fóra desta comunidade para o control da superpoboación de especies por danos, o que inclúe:

  • Caza maior: en todalas especies e modalidades
  • Caza menor: só coello en tódalas modalidades en municipios de emerxencia cinexética

Só poderán desprazarse aqueles cazadores/as que vivan dentro dun municipio ou comunidade sen peche perimetral.

DOCUMENTOS DE INTERESE


Fonte: APROCA Castilla La Mancha